New Regency producirá Assassin’s Creed

0
214

A Ubisoft ven de seleccionar á New Regency para que co-produza e a Fox para que distribúa un filme que adaptará ás pantallas grandes a súa exitosa série de videoxogos Assassin’s Creed.

Michael Fassbender será o protagonista e ademais produtor deste filme, que vai sobre Desmond Miles, un barman que é descendente de várias liñaxes de asasinos. A história navega entre os nosos tempos e a antigüidade, cando Miles loitaba contra os Cabaleiros Templários.

Ubisoft traballará moi de preto xunto á New Regency nesta coprodución e aportará a metade dos cartos. O obxectivo agora mesmo é atopar un director, o reparto e un guionista e te-lo todo disposto para o verán que ven. Tamén hai plans para que o filme apareza xunto a unha nova entrega da saga de videoxogos.

O primeiro xogo da série estaba ambientado no Médio Oeste na era das Cruzadas, mentres que o segundo, terceiro e cuarto no Rexurdimento Italiano, coa acción situada en várias vilas italianas e na Constantinopla dos otomanos.

A quinta parte, Assassin’s Creed III, está ambientada na Guerra Revolucionária Americana. A série no seu conxunto vendeu mais de 38 millóns de cópias en todo o mundo dende 2007.