Ainda que o despacho de billetes só deixou 30 millóns de dólares de recadación esta fin de semana, moi por baixo do agardado e das súas anteriores entregas, a Paramount coida que aínda hai moito que contar na saga de Paranormal Activity e xa está a preparar a produción dunha quinta e mais unha sexta parte.
A quinta parte estará lista para o Halloween do ano que ven e continuará a história das recentes secuelas, na que se deixaba entrever a existéncia dun misterioso aquelarre de meigas silandeiras.
Por outra banda, xa está en marcha unha película ambientada no mesmo escenário desta saga pero dirixida ao público latino, co obxectivo de estrear en primavera de 2013. O guionista de Disturbia, Christopher Landon, é o director desta entrega, que estará protagonizada case totalmente por actores latinos e conterá moitas frases en español.