Chega a segunda parte de Basilius Hoffman

1762

Ano e médio despois da aparición da súa primeira parte co exitoso O ladrón de soños, o profesor Basilius Hoffman retorna en O mundo secreto de Basilius Hoffman: Un faro na escuridade, unha nova aventura aínda máis emocionante e abraiante, e a editorial responsábel deste libro, a Urco Editora a través da súa colección Alcaian, quere compartir este momento tan especial nunha festa con moitas sorpresas.

A presentación terá lugar o mércores 28 de Novembro a partir das 20:00 horas no local Tatooine Rock na Rúa República Arxentina 50 en Santiago de Compostela, e incluirá charla, preguntas, sinaturas, petiscos e festa rachada.

A série do mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue vários médios artísticos, centrados todos eles arredor dunha série de cinco novelas escritas por Fernando M. Cimadevila e ilustradas por Iván Valladares coas que nos mergullamos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso própio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.