Queren a Pitt 20.000 légoas baixo o mar

1030

Mentres que non remata de saír adiante a segunda parte da saga do remake de Millennium, The Girl Who Played with Fire, o realizador David Fincher comeza a prestar atención a outros proxectos, e entre eles, á adaptación ao cinema do clásico de Jules Verne Vingt mille lieues sous les mers [Vinte mil leguas baixo dos mares] pola Disney.

Os estudos veñen asemade de conceder tres meses de prazo ao director para que decida se continuar ou non co proxecto, do que o último que se soubo foi que Andrew Kevin Walker chegara para escribir un novo guión, pero diso hai xa un ano.

Seica Fincher está a tentar convencer ao seu frecuente colaborador Brad Pitt para que protagonice este filme no papel do mariñeiro e mestre harponeiro Ned Land, o mesmo papel que fixera Kirk Douglas na versión de 1954. O capitán Nemo sería interpretado por algún actor veterán de primeira fila.

Ainda que nin a Disney nin os representantes de Pitt quixeron facer comentários, o certo é que tanto Fincher coma Pitt disporían de tempo abondo agora mesmo para se adicar a este filme.