O antigo protagonista e membro do reparto orixinal da série Star Trek George Takei casou co seu noivo de toda a vida o pasado 14 de setembro nunha cerimónia celebrada en Los Angeles e que serviu para render unha pequena homenaxe á herdanza xaponesa do actor.
Takei, de 71 anos, casou finalmente co seu manager Brad Altman, de 54, con algúns dos seus antigos compañeiros de reparto coma espectadores, incluindo a Walter Koenig (Chekov) e coma dama de honra a Nichelle Nichols (Uhura). Takei interpretaba ao Sr. Sulu na série orixinal dos anos 60 e nos filmes secuela.
Case 200 persoas asistiron á cerimónia budista celebrada no Museo Nacional Americano-Xaponés no centro de Los Angeles. A parella levaba postos esmóquins cuspidiños, con chaqueta e camisa branca, pantalóns negros e garavata.
O acontecemento chegou tan só tres meses despois de que o Estado de Califórnia aprobase unha lei semellante á de Massachusetts e pola que se permiten as vodas entre persoas do mesmo sexo.