O filme de Mass Effect ten novo guionista

0
214

Morgan Davis Foehl ven de chegar a bordo para traballar no guión da adaptación ao cinema da série de videoxogos da Electronic Arts e mais a BioWare Mass Effect, que producirá a Legendary Entertainment.

Mark Protosevich (Thor, I Am Legend) escribiu a primeira versión do guión, cando a Legendary se fixera cos dereitos sobre o videoxogo hai uns anos. Esta nova confirma que a compañía segue interesada en levar ás pantallas esta franquía.

A série épica de ciéncia-ficción ten lugar no ano 2183 e vai sobre o capitán Shepard do SS Normandy quen lidera unha erquipa que ten a misión de derrotar a unha antiga raza alieníxena que invade a galáxia cada 50.000 anos, eliminando todas as formas de vida orgánica.

Foehl, que é un fervente seguidor do xogo, enviou un esbozo do seu traballo aos produtores Thomas Tull, Jon Jashni e Avi e Ari Arad, que seica ficaron moi interesados.