Ryan Gosling fuxe da Fuga de Logan

840

O actor canadiano Ryan Gosling abandonou o remake do clásico da ciéncia-ficción Logan’s Run na Warner Bros. Pictures. El e mais o seu director en Drive, Nicolas Winding Refn, estaban vencellados ao desenvolvemento deste proxecto dende primeiros de 2011. Polo de agora non se coñecen os motivos do seu abandono e tampouco se Refn seguirá no mesmo.

William F. Nolan e George Clayton Johnson escribiron a novela orixinal en 1967 (así coma as súas dúas secuelas) ambientada nun futuro utópico onde todo o mundo vive na felicidade, agás polo pequeno detalle de que cando chegan á idade de 21 anos, deben morrer para poder manter o equilíbrio co consumo dos recursos.

A história ten coma protagonista a Logan 5, un “Sandman” que traballa coma axente da lei encargado de perseguir a aqueles que fuxen da súa responsabilidade de se entregar voluntáriamente á cerimónia de eutanásia cando chegan aos 21, pero que ao final acaba el mesmo non entregándo-se e polo tanto perseguido. A história é relembrada polos fans grazas especialemtne ao filme de 1976 protagonizado por Michael York e que hoxe é un clásico de culto.

Se Refn abandoa, sería o derradeiro dunha longa lista de directores que estiveron nalgún intre vencellados a este proxecto, entre eles Bryan Singer (X-Men), Robert Schwenke (Flightplan), James McTeigue (V for Vendetta), Joseph Kosinski (Tron Legacy) e Carl Erik Rinsch (47 Ronin).