John Logan escribirá os seguintes Bonds

0
189

O guionista de Skyfall, John Logan, foi xa confirmado para escribir os libretos dos dous seguintes filmes da saga de 007. Esta vez, Logan traballará en solitário e non en colaboración cos habituais Neal Purvis e Robert Wade, que abandoan a franquía.

Purvis e Wade chegaron a bordo en 1999 con The World Is Not Enough. Nos dous primeiros filmes de Daniel Craig fixeron o esbozo orixinal, que re-escribiu e puliu Paul Haggis. Logan pola súa banda traballou con Haggis a petición do director Sam Mendes e seica fiuxo un traballo tan bó que agora ofreceron-lle o posto para el só.

Seica Logan entregou xa unha liña argumental de dous longametraxes aos produtores e xa escomezou a escribir os guións. Se os plans funcionan, esta podería ser a primeira película da saga de James Bond que teña un argumento dividido en dúas entregas.