A bruxa de Stephen King, ao cinema

0
203

A Universal Pictures e mais o produtor de Paranormal Activity Jason Blum van asociar-se en Mercy, unha longametraxe de fantasía e terror baseada no conto de Stephen King Gramma.

Publicada en 1985 dentro da antoloxía Skeleton Crew, esta história vai sobre dous rapaces que xunto coa súa nai solteira (Frances O’Connor) comezan a coidar da súa avoa senil, pero descubren que é unha bruxa que fixo un pacto cunha forza sinistra hai moitos anos.

Peter Cornwell (The Haunting in Connecticut) será o director a partir dun guión de Matt Greenberg (1408). Blum, McG e Mary Viola serán os produtores.