Os 70 volven en Space Station 76

0
178

Liv Tyler, Matt Bomer, Patrick Wilson e Marisa Coughlan veñen de rematar a rodaxe de Space Station 76, o novo filme de ciéncia-ficción de Jack Plotnick.

A película rodou-se en tan só tres semanas en Los Angeles en total segredo e vai sobre como sería unha viaxe a unha estación espacial ao futuro pero vista dende a perspectiva dos anos 70. Tyler é a nova axudante do capitán, recén chegada a bordo e que causa problemas entre a tripulación.

Wilson interpreta ao capitán, un tipo amargado e con tendéncias suicidas, Bomer é un técnico robótico e Coughlan é a manipuladora muller do capitán. Os outros protagonistas son Jerry O’Connell, Kali Rocha e Kylie Rogers.

Ed Parks, Rachel Ward, Dan Burks, Joel Michaely e Katherine Ann McGregor foron os produtores.