Gallego gaña o Nacional de Literatura Infantil

0
371

Laura Gallego é a gañadora do Prémio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de España. A filóloga, escritora e guionista valenciana fíxo-se co galardón grazas á súa novela Donde los árboles cantan, unha narración encadrada no xénero fantástico-épico e con referéncias ás novelas de cabaleirías, ingredientes románticos e escenas bélicas. Este péemio institucional do Governo español afianza a traxectória de Gallego, narradora que vendeu mais dun millón de cópias das suas histórias. O ano pasado Gallego xa fora distinguida co prémio “Cervantes Chico”.

O Prémio Nacional de Literatura é concedido anualmente polo Ministério de Educación, Cultura e Deporte e está dotado con 20.000 euros, que distinguen ao millor libro publicado no decurso do ano anterior en calquera das línguas oficiais que se falan en España.

Donde los árboles cantan (Onde as árbores cantan) é unha aventura situada nun fantástico reino medieval e narra as andainas de Viana, a única filla do duque de Rocagrís, educada para ser a esposa perfecta e prometida ao xoven Robian de Castelmar desde que ambos eran nenos. Eles áman-se queren casar en primavera, per oa ameaza dos bárbaros das estepas do norde arruinará os seus proxectos. Robian e o duque van á guerra e Viana non pode facer outra cousa ca agardar o seu regreso e escoitar as lendas que se contan sobre o Gran Bosque… o lugar onde as árbores cantan.

Laura Gallego (Quart de Poblet, 1977) é filóloga especializada en literatura medieval. A súa primeira narración para nenos, Finis Mundi, gañou o prémio Barco de Vapor, que repetiu en 2001 grazas a outro conto, La leyenda del rey errante. A autora admite que a sua obra inspíra-se nas novelas de Margaret Weis e Tracy Hickman, as responsábeis da mítica saga de Dragonlance.

O maior éxito de Gallego é a saga fantástica de Memorias de Idhún, con mais de 750.000 exemplares vendidos.