Chega ao cómic unha fronza de lume

1569

Leaf of Fire é unha novela gráfica da Eek! Studio cun argumento de “space opera” que narra como podería ser o futuro da humanidade no espazo. O cómic lanzou-se onte a través da Web Kickstarter e conta co debuxo do artista arxentino Javier Solar e cun guión do venezolano-galego Joseph Remesar, amigo noso e colaborador esporádico de NOVA FANTASIA.

O argumento do cómic está ambientado a mediados do século XXII, cando os governos abandoaron hai moito a exploración do sistema solar por ser demasiado caro; pero as corporacións viron un filón nos asteroides agardando a ser recollido. Un conglomerado de empresas, o Trojan Group, formou-se para extraír mineráis, pero só os traballadores mais desesperados apúntan-se ao perigoso choio. William Perez William será o novo encargado de manter aos mineiros a raia.

William Perez Williams, o protagonista deste cómic, apareceu por primeira vez hai seis anos noutro cómic dos mesmos autores, The Gap, cuxa versión en galego, A Fenda, foi publicada hai mais de dez anos en NOVA FANTASIA.

O prazo para participar no proxecto remata o 29 de decembro cun orzamento de 8.000 dólares e conta coa posibilidade de se converter en persoaxe do cómic para os que aporten cartos. A capa do cómic contará co deseño do célebre ilustrador Alfonso Azpiri.