Volven os Nenos do Millo

0
217

Children of the CornA canle SCI FI Channel ven de anunciar o reparto para o seu novo telefilme de terror Children of the Corn (Os nenos do Millo). O reparto para este filme de dúas horas está composto por David Anders, Kandyse McClure, Preston Bailey e Daniel Newman.

O telefilme, baseado no libro de Stephen King e nos posteriores filmes que foron aparecendo nos anos 80 e 90, presenta a Anders (da série Heroes) e McClure (Battlestar Galactica) nos papeis de Burt e Vicky, unha parella con problemas matrimoniais que tenta pasar unha segunda lúa de mel conducindo pola estrada até que chega a unha pequena comunidade rural case abandoada e que agocha un terríbel segredo baixo os tallos das plantacións de millo.

Bailey interpreta ao neno predicador, Isaac, e Newman á súa man dereita, Malachai.

O filme, planeado para se estrear o ano que ven, está a se rodar preto de Davenport, Iowa. Donald P. Borchers dirixe un guión de seu.