A Fox aínda posúe os dereitos de Star Wars

0
214

Non pasaron nin 24 horas dende a sinatura do acordo polo que a Disney mercou á Lucasfilm, cando xa aparecen os primeiros atrancos.

Ainda que a Disney posuirá os dereitos sobre calquera filme que se produza baseado na saga da Guerra das Galáxias, o acordo non inclúe os dereitos preexistentes sobre a mais famosa saga de ciéncia-ficción da história do cinema.

Eses dereitos ficarán no poder da 20th Century Fox. De feito, a Fox mesmo posúe os dereitos de distribución sobre a primeira película que se fixo (A New Hope, 1977) a perpetuidade para todo o mundo e en calquera médio.

Ademais, a Fox tamén é a dona dos dereitos de exhibición en salas de cinema ou fóra dela e en vídeo caseiro (o que inclúe DVDs e calquera tipo de exhibición na casa) para as outras cinco películas da saga até o mes de maio de 2020.

Isto sinifica que a Disney nunca poderá lanzar un set coa saga completa a menos que chegue a un acordo coa Fox. Tamén sinifica que as esperanzas dos fans para que saia unha versión en BluRay son nestes intres imposíbeis.

A Fox de feito ten previsto re-estrear as versións en 3D de Attack of the Clones e Revenge of the Sith o ano que ven en outono.