Singer confirmado para Days of Future Past

0
231

Tal e coma adiantou NOVAFANTASIA hai uns días, o director de X-Men e X2 e creador orixinal da saga dos mutantes no cinema, Bryan Singer, ven de pechar un acordo polo que el será novamente o responsábel da franquía no futuro lanzamento de X-Men: Days Of Future Past pola 20th Century Fox.

Singer escribira o primeiro esbozo do guión e produciu o éxito do ano pasado X-Men: First Class, que foi dirixido por Matthew Vaughn. No novo filme, a parella intercambiará os seus postos, con Vaughn escribindo o tratamento do filme e sendo o produtor, mentres que Singer sentará-se na cadeira do director.

Lauren Shuler Donner regresa tamén coma produtor e Simon Kinberg foi o encargado de lle dar forma ás ideias orixinais de Vaughn nun guión copleto para o cinema. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven coa ideia posta nunha estrea que non se producirá até o 18 de xullo de 2014.