Cando fomos deuses na Lionsgate

0
258

A Lionsgate ven de contratar a Aron Eli Coleite (The End, Trooper) para que escriba unha adaptación ao cinema de When First We Were Gods, un conto de ciéncia-ficción orixinal do escritor Rick Yancey.

A história está ambientada nun futuro próximo no que a inmortalidade está dispoñíbel pero só para as persoas que son extraordináriamente ricas. Neste decorado, un home conspira para asasinar á súa esposa inmortal, para que a súa amante mortal poida ocupar o seu lugar (e mais a súa inmortalidade).

O director de vídeos musicais e anúncios Daniel Askill fará o seu debut coma director de longametraxes con este proxecto.