John Cusack será o protagonista da vindeira adaptación dunha novela de Stephen King á pantalla grande, neste caso de Cell, un thriller psicolóxico publicado en 2006 e que levará ao cinema a Cargo Entertainment.
A história vai sobre un pai que quere atopar á súa muller e mais ao seu fillo mentres que un catastrófico acontecemento está a ter lugar: un pulso transmitido polos teléfones móbiles está a converter en zombis á poboación.
Adam Alleca (The Last House On The Left) co-escribiu o guión xunto ao mesmo King. O proxecto polo de agora non ten director.
Cusack xa protagonizou en 2007 o filme 1408, unha das mais recentes adaptacións ao cinema dunha obra de Stephen King que recebiu moi boas críticas.