Dous novos libros de Josué Ramos

1188

O escritor ferrolán Josué Ramos ven de publicar dous novos libros dentro do xénero fantástico: La última conspiración e Ecos de Voces Lejanas.

O primeiro, editado pola Atlantis en agosto, é unha obra de ciéncia-ficción ambientada nun futuro no que toda a información é controlada e xestionada por un único sistema global, cando un computador chamado Vimai, o robot máis avanzado da Terra é destruido sen motivo aparente. E todo apunta a un fallo en Vimai. Bill Shepherd, o creador de Vimai, tentará descubrir quen está atrás da conspiración para rematar coa sua maior creación.

La última conspiración é unha proposta que reflexiona sobre a natureza humana e mais o posíbel risco que implica deixar nas mans dos robots e computadores o futuro da humanidade.

Ecos de voces lejanas, publicada pola editorial SeLeer no pasado mes de setembro é outra obra de ciéncia-ficción englobábel no xénero steampunk que nos leva até o ano 1885, cando Lisbeth Swift, unha axente do servizo secreto británico, é enviada a Islandia coa misión de investigar avistamentos de dragóns nos arredoires dun volcán. As cousas comezarán a se poñer feas cando os dragóns ataquen Londres para recuperar os óvos que lles roubaron nos seus niños.

Josué Ramos é un autor galego que escribe dende os 16 anos, e dende aquela publica relatos curtos en revistas e páxinas especializadas. Actualmente é redactor da revista retrofuturista El Investigador e colabora co blog MundoSteampunk.