Jamie Foxx esta en conversas para interpretar ao supercilán da vindeira secuela de The Amazing Spider-Man e todo semella indicar que ese vilán será Electro.
Foxx publicou hai un par de días un tweet no que dicía “Vestin-me de Electro por Halloween a outra noite. O disfraz sínta-me ben“. O director do filme, Marc Webb, non quixo confirmar os rumores durante o lanzamento hai un par de días da versión en disco de The Amazing Spider-Man, pero todas as pistas semellan conducir invitábelmente a que as novas son certas.
Nos cómics, Electro é a persoaldiade malvada de Max Dillon, un home que obtén o pdoer de controlar a electricidade despois de ser alcanzado por un lóstrego.
Andrew Garfield e Emma Stone regresarán coma protagonistas do filme, mentres que Shailene Woodley segue a negociar a súa incorporación ao reparto para o papel de Mary-Jane Watson.