Anderson sustitúe a Peli en Eliza Graves

0
215

O director de The Machinist e Session 9, Brad Anderson, semella ser o sustituto de Oren Peli (Paranormal Activity) para se encargar do longamente agardado thriller de terror Eliza Graves.

Baseada nun conto de Edgar Allan Poe, concretamente The System of Doctor Tarr and Professor Fether, a história vai sobre un estudante de medicina que traballa nun hospital psiquiátrico sen saber que os seus pacientes son en realidade os que controlan o centro.

Joseph Gangemi (Wind Chill) adaptou o guión a partir do conto orixinal e a Millennium Films adquiriu os dereitos para leva-lo ao cinema.

Peli pola súa banda ainda está no proxecto, pero xa só coma produtor xunto a Bruce Davey, Mark Amin, Cami Winikoff e Mel Gibson. A rodaxe escomezará en primavera e os detalles sobre o reparto darán-se a coñecer a partir da semana que ven.