Chega Warhammer online

0
195

Warhammer onlineOs xogadores de rol de todo o mundo están de noraboa, porque esta mañán ás 9:00 horas por fin naceu o agardado Warhammer Online: Age of Reckoning para a plataforma PC, todo un clásico dentro dos xogos de rol de fantasía medieval que chega agora en forma de videoxogo para se enfrontar a World of Warcraft.

Cos servidores do xogo xa oficialmente online, as compañías GOA e Mythic Entertainment convidan aos xogadores de todo o mundo a entrar en WAR, un título baseado no universo do coñecido xogo de mesa de fantasía bélica de Games Workshop.

Unha das armas de Warhammer Online: Age of Reckoning é o novo modo de xogo denominado Reino vs. Reino, que enfronta ás dúas faccións do xogo en batallas multitudinárias: toda unha facción contra a contrária dentro do mesmo mundo do xogo, sen entrar en áreas de batalla independentes.

Segundo explican os responsábeis nunha nota de prensa, os pedidos por adiantado bateron todos os récords e xa se venderon un millón e médio de cópias.

É un día histórico para a empresa“, afirmou Ghislaine Le Rhun, directora executiva da GOA. “O lanzamento de Warhammer Online foi unha tarefa colosal e traballamos moito para garantir que a infraestrutura europea, tanto humana coma técnica, estea dispoata para este día. O mínimo que se pode dicir do xogo é que é excelente, e agardamos seguir formando parte da sua constante evolución“.

WAR ofrece várias opcións de suscripción (1 mes, 3 meses ou 6 meses). Ademáis, o primeiro mes de xogo é gratuito.