Christoph Waltz úne-se aos Muppets

0
233

Christoph Waltz (Inglorious Basterds, Django Unchained) terá un papel fundamental coma inspector da Interpol na secuela baseada en Europa do éxito do ano pasado The Muppets na Disney Pictures.

O seu será un dos tres papéis humanos deste proxecto; os outros dous son unha muller fatal rusa e outro home con malas intencións. Tamén haberá moitos cameos.

O protagonista e co-guionista da primeira parte, Jason Segal, non regresará para a secuela, pero o director James Bobin si. Bobin co-escribiu o guión xunto a Nicholas Stoller.