Guillermo del Toro e a Cousa do Pantano

0
204

Ainda que sexa a partir de rumores espallados durante os últimos tempos, as novas comezan a tomar forma pouco a pouco, e todo semella indicar que a Warners está tan satisfeita co traballo de Guillermo del Toro no seu vindeiro filme de ciéncia-ficción Pacific Rim que queren que o realizador mexicano regrese de contado para un filme no que haberá persoaxes da DC Comics.

Ainda que nun primeiro intre todos os fans comezaron a falar de que ese filme podería ser Justice League, seica a verdade é que é outro proxecto, titulado Heaven Sent, e no que hai vários persoaxes non tan coñecidos dos cómics, que se cadra poderían xa que logo unir-se nun proxecto co xeito de The Avengers.

Entre eses persoaxes de segunda ou terceira fila estarían Deadman, The Spectre, A Cousa do Pantano, John Constantine, Phantom Stranger, Zatanna, Zatara, Sargon e mais o demo Etrigan. O que supón mais ou menos o mesmo elenco de persoaxes que apareceron nos xa mais ca clásicos números de Alan Moore da colección Swamp Thing (A Cousa do Pantano).

O problema coma sempre semella ser de tipo legal e hai algúns dereitos de autor que habería que resolver. A axenda de Del Toro está por outra banda chea de proxectos, moitos dos cales nunca chegarán ver a luz por falla de orzamento, así que de todos os xeitos non hai ningunha garantía de que esta filme chegue a ver a luz nunca.