Elijah Wood abre as fiestras en Madrid

0
202

Elijah Wood e mais Sasha Grey veñen de se unir ao reparto do vindeiro filme en inglés do director español Nacho Vigalondo (Os Cronocrimes), o thriller de suspense Open Windows que producirá a Wild Bunch e cuxa rodaxe escomezou en Madrid esta semana.

O thriller de alta tecnoloxia e tempo real é a representación na pantalla dun computador portátil conectado á Internet e de feito a pantalla do cinema será o escritório do computador. A história vai sobre o persoaxe de Wood e a súa desesperada procura dunha actriz que foi secuestrada por un persoaxe malvado (Neil Maskell).

A produción usa doce tipos de cámara disferentes, incluindo webcams, cámaras en casco, tabletas, teléfones móbiles, cámaras de mapeado en 3D, cámaras de seguridade e imaxes de satélite, que xuntas servirán para rodar esta película multiformato.