Chega Chopper, outro motorista pantasma

0
195

Dilemma, unha axéncia de márketing de Los Angeles, está a procurar co-produtores para facer unha longametraxe que adapte ao cinema Chopper, o cómic de terror de Martin Shapiro.

O argumento do cómic é unha espécie de moderna lenda de Sleepy Hollow, e vai sobre un motociclista decapitado que busca vinganza dende o alén.

Xa a primeiros deste ano a Dilemma produciu unha ambiciosa série Web de nove episódios que presentou posíbeis liñas argumentáis para este filme.

Tyler Mane e Andrew Bryniarski protagonizaron a série Web e repetirán os seus papéis no cinema. Shapiro escribiu o guión e J.C. Christofilis será o produtor. A rodaxe escomezará a mediados de 2013.