Alex Proyas planea Evolve na tele

730

O responsábel de I, Robot e Dark City, Alex Proyas, será o encargado de dirixir e ademais será o produtor executivo da nova série de ciéncia-ficción da canle ABC, Evolve, que conta cun guión do co-creador de Eureka Jaime Paglia.

A série está baseada na triloxía de novelas de Tim Lebbon Toxic City e está ambientada dous anos despois de que un misterioso axente biolóxico lanzado en Los Angeles resultase ser tan tóxico que obrigou ás autoridades a pechar a cidade e evitar calquera tipo de contacto co resto do mundo.

Un pequeno grupo de cidadáns normais que ficaron fóra da zona en cuarentena embárcan-se na misión de descubrir a verdade do que lles aconteceu ás súas famílias dentro da zona infectada, e descubrirán un mundo de humanos con poderes extraordinários e poderosas forzas governamentáis que tentan destrui-los.

O primeiro libro da série, London Eye, foi publicado só hai uns días.