Blood and Chrome, este venres na Web

0
353

Battlestar Galactica: Blood and Chrome, a longamente agardada série de televisión da Universal Cable Productions, non só atopou un xeito de ser distribuida, senón que está moi preto de chegar ás nosas pantallas… do computador.

A série é un telefilme que serve coma precuela de Battlestar Galactica e presentará-se en forma de episódios Web de entre 7 e 12 minutos de duración cadanseu a través da canle Machinima en YouTube. O primeiro episódio aparecerá o vindeiro venres día 9 de novembro e o resto dos episódios irán aparecendo durante as seguintes catro semanas. A primeiros de 2013 a versión de dúas horas completa será emitida en televisión pola canle Syfy, e logo haberá unha versión en disco.

Esta é a primeira vez que unha empresa lanza un produto con esta estratéxia (online, tele e DVD, todo nuns poucos meses) e podería-se considerar unha aposta de risco, de non ser pola história que hai tras da produción da série.

Coma lembraredes, o proxecto de Battlestar Galactica: Blood and Chrome desenvolveu-se orixinalmente coma unha nova série de televisión, disposta para saír após do sensacional éxito de Battlestar Galactica e dos seus telefilmes The Plan e Razor. Os veteráns de BSG David Eick e Michael Taylor foron os produtores executivos, con Taylor escribindo o guión a partir dunha história orixinal de Eick, Bradley Thompson e mais David Weddle, todo coa dirección de Jonas Pate (Caprica).

Nombergantes, a canle SyFy decediu que todo era demasiado caro e a série quedou en tan só un episódio piloto, que nunca chegou ser emitido. Até agora.

Esta precuela narra a história do xoven William Adama (Luke Pasqualino) durante a primeira Guerra Cylon. Asignado á nave Galactica, Adama peléa-se co seu co-piloto, o oficial Coker (Ben Cotton). Coma a série Spartacus, Battlestar Galactica: Blood and Chrome usa a tecnoloxía de gráficos xerados por computador e escenário virtual, que resultan moi espectaculares pero tamén moi caros.