Mendes e Logan, xuntos noutro proxecto

0
228

John Logan e Sam Mendes, co-guionista e director respectivamente do superéxito Skyfall, van unir as súas forzas unha vez mais para unha série de televisión que xa está a ser ofrecida a diversas canles de pago.

Polo de agora non se sabe demasiado sobre o programa, agás que será semellante ao cómic de Alan Moore The League of Extraordinary Gentlemen, que foi adaptado ao cinema hai cousa de dez anos sen moito éxito. O mesmo có cómic, esta série estará protagonizada por un grupo de persoaxes fictícios de novelas, e entre eles estarán Van Helsing e mais o doutor Frankenstein, coa misió nde cazar vampiros no Londres de 1800.

De se concretar, esta sería a primeira série de televisión tanto para Logan coma para Mendes. Logan escribiu o guión e Mendes sería o produtor e pode que tamén o director.