Mais detalles de Transcendence

0
148

Pouco a pouco van xurdindo novos detalles verbo Transcendence, o novo proxecto de ciéncia-ficción do director de fotografía de The Dark Knight, Wally Pfister, no que suporá o seu debut coma director e que está a ser desenvolvido pola Warner Bros. Pictures.

Cun orzamento de 120 millóns de dólares, a história vai sobre tres científicos que traballan con células nai e tecnoloxía avanzada de computadores. O seu traballo modificará os fundamentos da vida humana, pero deberán enfrontar-se ás protestas e á resisténcia.

O nome de Johnny Depp semella estar en consideración para este megaproxecto, ainda que outros actores de primeira liña coma Christian Bale, James McAvoy, Tobey Maguire, Noomi Rapace e Christoph Waltz tamén apareceron nun intre ou outro vencellados ao reparto.

Christopher Nolan e Emma Thomas serán os produtores e a rodaxe escomezará en febreiro.