O Autostopista Galáctico volverá

0
190

Eoin ColferEoin Colfer, o autor irlandés da exitosa saga de Artemis Fowl, está a escribir unha nova novela da série da Guía do Autostopista Galáctico. A popular saga de ciéncia-ficción humorística xa vendeu millóns de cópias en todo o mundo, pero o seu autor Douglas Adams finou hai 7 años, e xa pasaron 16 dende que se editou a última entrega.

Colfer ven de declarar que é un grande fan destas novelas: “É unha marabillosa oportunidade para traballar con personaxes que eu quixen dende a miña infáncia, e para lles dar algo do meu estilo, pero mantendo o espíritu de Douglas Adams. Atópo-me baixo máis presión que con calquera dos meus libros, e por iso estou determinado a que isto sexa o millor que escribín nunca“.

O libro levará por título And Another Thing, e espéra-se poder ofrecer nos andeis das librarías en outubro do ano que ven.