Outra oportunidade para o filme de ElfQuest

0
176

Os produtores Stephanie Thorpe e Paula Rhodes veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a clásica série de cómics dos anos 70 Elfquest, orixinal de Wendy e Richard Pini, para facer unha adaptación en forma de longametraxe.

O cómic vai sobre unha tribo de elfos no afastado mundo de Dúas Lúas, que son arroxados do seu bosque polos humáns e descubren algo que non sabían que existía: outros elfos.

A Warner Bros. estivera a desenvolver unha película sobre Elfquest nestes últimos anos, pero os dereitos caducaron a primeiros deste ano, antes de que puideran chegar a facer o filme.

A parella de Thorpe e Rhodes xa ten algo de experiéncia co tema porque produciran unha curta con acción real baseada nesta franquía.