Englund no novo filme de Joe Dante

0
240

Dylan Walsh e mais Robert Englund serán os protagonistas do vindeiro thriller de terror de Joe Dante, Air Disturbance, para a New Films Cinema.

A história está ambientada nun vóo transcontinental durante o cal acontecen fenómenos paranormais. Walsh interpretará a un pai viúvo que protexe aos seus fillos e mais á súa moza vidente dalgúns dos outros pasaxeiros, entre os que se atopa un cura fanático (Englund).

Jeremy Sklar (Freerunner) escribiu o guión para este filme, que escomezará a se rodar a finais de mes en Los Angeles. Nesim Hason e Tom Malloy son os produtores.