Dwayne Johnson é un Hércules mercenário

0
214

Ainda que levaba a se rumorear un tempo, confirmou-se xa oficialmente que tanto Dwayne Johnson coma o director Brett Ratner foron contratados para facer un filme sobre Hércules na MGM. A Paramount Pictures tamén participará deste proxecto coma co-produtora.

Baseada na novela gráfica de Steve Moore Hercules: The Thracian Wars, a história representa ao semideus grego Hércules (Dwayne Johnson) coma líder dun grupo de mercenários. Pero axiña vai descubrir que ten unha misión mais importante, cando lle encarguen defender ao Monte Olimpo contra un malvado inimigo.

Ryan Condal e Evan Spiliotopoulos escribiron o guión mentres que Ratner, Beau Flynn e Barry Levine son os produtores. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven.