David Yates dirixirá ao novo Tarzán

0
226

O director de Harry Potter and the Deathly Hallows, David Yates, xa atopou o seu seguinte proxecto: a adaptación ao cinema do clásico de Edgar Rice Burroughs Tarzan para a Warner Bros. Pictures.

Polo de agora sábe-se que tanto Henry Cavill coma Charlie Hunnam e mais Alexander Skarsgård reuníron-se con Yates para ver as posibilidades de se converteren en protagonista do filme, mentres que os estudos apostan por Tom Hardy para o papel de Tarzán.

Craig Brewer (Hustle & Flow) estivo até agora vencellado a ete filme coma director, pero terá que abandoa-lo ante a chegada de Yates. Jerry Weintraub será o produtor.