Neil Gaiman regresa ao Doutor Who

0
210

A primeira vez que escribiu un guión para a série Doutor Who, o lendário Neil Gaiman recebiu unha choiva de loubanzas e prémios, incluindo o Hugo, polo seu traballo no episódio The Doctor’s Wife, considerado por todo o mundo coma o millor alomenos da sexta tempada. Pois ben, Gaiman vai tentar superar-se a si mesmo cunha nova aventura do famoso home do planeta Gallifrey.

Ainda que a súa participación na série anunciára-se hai meses, o mesmo Gaiman fíxo-o público hoxe mesmo, revelando que o episódio tratará sobre o regreso dos Cybermen. Ademais, no episódio participarán coma convidados Warwick Davis, Tamzin Outhwaite e Jason Watkins no papel dunha “banda de inadaptados dun planeta misterioso“.

O responsábel da segunda unidade de Harry Potter Stephen Woolfenden dirixirá este episódio, que se poderá ver na tele en primavera, no decurso da segunda metada da sétima tempada.