Gemma Arterton fai absolutamente de todo

0
215

Gemma Arterton xa está confirmada e Benedict Cumberbatch segue a negociar a súa incorporación ao reparto da comédia Absolutely Anything.

A história vai sobre un profesor que descubre que ten poderes máxicos que lle permiten limpar as clases de malos estudantes e de lle devolver a vida á xente. Pero mentres tenta aprender a usar os seus poderes, as cousas van-se complicando mais e mais.

A meirande parte dos membros dos Monty Python participará neste filme, que contará coa dirección de Terry Jones e coas voces de Jones, Terry Gilliam, Michael Palin e John Cleese.

Jones co-escribiu o guión xunto a Gavin Scott, mentres ca Ben Timlett e Bill Jones serán os produtores. A rodaxe escomezará a princípios do ano que ven.