George Clooney protagonizará 1952

1017

George Clooney está a negociar a súa entrada no reparto do longamente agardado filme de ciéncia-ficción 1952 que dirixirá Brad Bird. A Disney contempla este proxecto coma un filme de alto orzamento, se ben coa precaución de engadir que aínda non recebiu a aprobación definitiva.

O argumento da película foi comparado co do clásico Close Encounters Of The Third Kind, e vai sobre un home que toma contacto con formas de vida alieníxena.

O proxecto leva en desenvolvemento xa moito tempo, sen que houbera mais novas até agora. Mesmo algúns chegaron coidar que era só unha tapadeira para que non se falase do episódio VII da Guerra das Galáxias.

O guión de 1952 escribíro-no Damon Lindelof e mais Jeff Jensen, pero dado que ainda non ten a luz verde dos estudos, non hai datas para unha posíbel estrea.