Arndt, confirmado para o Episódio VII

0
188

O guionista de Little Miss Sunshine e gañador do prémio Oscar por ese mesmo filme, Michael Arndt, ven de ser confirmado oficialmente para se encargar do libreto de Star Wars: Episode VII.

Mentres escomeza a pre-produción de Star Wars: Episode VII, a Lucasfilm ven de confirmar que o guionista gañador dun prémio da Académia Michael Arndt escribirá o guión do novo filme da Guerra das Galáxias“, segundo o comunicado oficial feito público hai escasas horas. Kathleen Kennedy e George Lucas xa escomezaron a falar con Arndt.

Ainda que o posto de guionista xa atopou dono, a cadeira de director continúa baleira. O nome que mais soa nestes intres é o de J.J. Abrams, pero o realizador de moda descartou-se decontado para esta carreira: “Star Wars é unha das miñas películas favoritas de todos os tempos. Case sinto que, dun xeito raro, a oportunidade para quen sexa que dirixa ese filme virá acompañada da carga de ser ese tipo de película e de série“.

Abrams engadiu: “Nunca fun un grande fan de Star Trek, así que para min traballar en Star Trek non tiña esa clase de carga, xa sabes, coma se fora un sacriléxio, e estou desexando coma quen mais a chegada dos novos capítulos de Star Wars, pero coido que irei ve-los coma espectador“.

A procura do director continúa, e a data de estrea xa está fixada: o 17 de xullo de 2015.