Eric Bana en Coidado coa Noite

0
261

Un dos antigos Hulk, Eric Bana, está en conversas para protagonizar o vindeiro thriller policiaco paranormal de Scott Derrickson, Beware the Night, que polo de agora está nas mans dos estudos Screen Gems. Mark Wahlberg estaba até agora considerado coma o principal candidato para o papel.

De se unir ao reparto, Bana interpretaría a un policía de New York que está a investigar casos reais de posesión diabólica, exorcismos e lobishomes.

Derrickson (Sinister) será o director deste filme, que conta cun guión que el mesmo co-escribiu xunto a Paul Boardman.