Berlanti produce á Xente do Mañá

0
247

O produtor executivo da série Arrow, Greg Berlanti, e mais o de The Vampire Diaries, Julie Plec, unirán-se para faceren un remake da série de ciéncia-ficción de culto inglesa dos anos 70 The Tomorrow People na canle The CW.

Creada para a ITV coma unha rival contra o éxito de Doutor Who na BBC, The Tomorrow People vai sobre un grupo de xóvenes de todo o mundo que posúen poderes especiais (algo así coma os X-Men).

Berlanti e Plec son fans da devandita série dende hai moito e estiveran tentando facer-se cos dereitos para poder crear este remake dende había mais de dez anos. Agora a Fremantle Media e mais a Warner Bros. TV co-producirán o programa.