Xa hai mais axentes para S.H.I.E.L.D.

0
227

Iain De Caestecker (The Fades) e mais Elizabeth Henstridge (Hollyoaks) son as novas incorporacións ao reparto para o episódio piloto da nova série de Joss Whedon, S.H.I.E.L.D. na canle ABC.

Henstridge interpretará á axente científica Gemma Simmons, mentres que De Caestecker será o axente Leo Fitz, un gurú da tecnoloxía. A parella pasa moito tempo xuntos na pantalla, pero polo de agora seica a relación será mais de irmáns ca outra cousa.

En todo caso, únen-se a un reparto no que xa figuran Ming-Na e Clark Gregg.