Alexander Skarsgard é o novo Tarzán

0
253

Seica o director de Harry Potter and the Deathly Hallows, David Yates, xa escolleu ao vindeiro rei dos monos, o actor que dará vida ao lendário Tarzán.

O actor de 1,95 metros de altura e actual protagonista de True Blood Alexander Skarsgard é nestes intres o máximo favorito para o papel, por riba de Henry Cavill e Charlie Hunnam, que até a semana pasada estaban nas apostas. En todo caso, polo de agora non houbo ningunha oferta formal.

Se Yates convence á Warners para que contraten a Skarsgard, o actor sueco daría vida a John Clayton III, o Visconde de Greystoke. Anos despois de que fora reasimilado na sociedade, a raíña Vitória encárga-lle que lidere unha misión no interior do Congo.

Tarzán reúne-se cun ex-mercenário chamado George Washington Williams para salvar ao Congo dun señor da guerra que controla unha enorme mina de diamantes. Samuel L. Jackson é o máximo candidato para o papel de Williams.