Tom Hardy no filme de Splinter Cell

0
214

Tom Hardy será o protagonista da adaptación ao cinema da popular série de videoxogos da Ubisoft Splinter Cell, que aínda está á procura de estudos que produzan o filme.

Os seis xogos da saga van sobre unha misión secreta cunha equipa dotada de alta tecnoloxía e polo de agora leva vendidas mais de 23 millóns de unidades en todo o mundo ao longo dos anos. A história no filme centrará-se en Sam Fisher, un axente adestrado nunha unidade superespecializada chamada Echelon.

Eric Singer (The International) é o encargado de escribir o guión, pero agárda-se que a Ubisoft participe activamente e que manteña o control dobre como a história é transladada ao filme.

A película leva mais de dez anos dando voltas coma proxecto e até pouco fora Peter Berg o seu director.