Sam Raimi, Rob Tapert e mais a Good Universe veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a série de novelas fantásticas supervendas de Susan Ee Angelfall.
A história está ambientada seis semanas despois de que os Anxos do Apocalipse descenderan á Terra e destruiran todo rastro do mundo civilizado. As bandas de pandilleiros governan as rúas das cidades polo día, mentres que de noite o medo e a superstición dominan as ruínas.
Cando os anxos marcharon levaron con eles a unha nena pequena indefensa, e agora a súa irmá de dezasete anos Penryn fará todo o que estea nas súas mans para recupera-la… mesmo se iso sinifica facer un trato co anxo rival Raffe, un guerreiro que foi abandoado sangrando e sen ás.