Josh Gad e Ryan Dixon serán os encargados de escribir o guión de Triplets, a secuela da comédia de 1988 Twins que produciu a Universal Pictures.
Ivan Reitman regresará coma produtor neste filme, que pretende contar unha vez mais coa parella protagonista orixinal: Arnold Schwarzenegger e Danny DeVito. O dúo repetiría os seus papeis de Julius e Vincent, os produtos dun experimento que quería crear ao ser humano perfecto.
Nesta secuela os dous decátan-se de que teñen outro irmán, que será interpretado por Eddie Murphy. Joe Medjuk, Tom Pollock e Ali Bell son os outros produtores.