Vuorensola dirixirá a Jeremiah Harm

800

O director de Iron Sky, Timo Vuorensola, será o encargado da longametraxe que adaptará ao cinema a descarnada mini-série de cómic de 2006 Jeremiah Harm.

Os guionistas do cómic Lobo, Keith Giffen e Alan Grant, foron asemade os creadores de Jeremiah Harm, que vai sobre tres dos mais temidos criminais da galáxia, que escaparon dunha prisión noutro planeta e que agora chegan á Terra.

Para dete-los, as autoridades non terán outro remédio que ceibar ao home mais buscado do universo, Jeremiah Harm, para que lle siga os pasos ao trío. Harm é un brutal anti-heroe que está acostumado a rematar sempre o seu traballo.

Arnold Rifkin, Ross Richie e mais Tero Kaukomaa serán os produtores mentres que Dalan Musson está a adaptar o guión.