Nunha recente entrevista, Terry Pratchett confesou que ten intención de lle pasar o seu traballo coma escritor da saga de Mundodisco á súa filla Rhianna.
O escritor, que foi diagnosticado en 2007 con atrofia cortical, unha rara forma de Alzheimer, está a loitar contra a enfermidade dende aquela, pero a súa saúde veu-se moi afectada. Polo de agora perdeu a capacidade de teclear nun computador, e xa case non pode sostér unha pluma nas mans, polo que os seus libros están agora a ser ditados ao seu axudante.
O futuro da súa obra ficará nas mans da súa única filla, Rhianna Pratchett, quen ten xa abondo experiéncia coma escritora, por exemplo coma guionista da série The Watch (tamén coñecida coma CSI: Ankh-Morpork), que foi xa aprobada pola BBC e entrará axiña en produción.
The Watch continuará a saga de City Watch alí onde rematou nos libros e Rhianna será un importante membro da equipa de guionistas. “O Mundodisco está seguro nas mans da miña filla“, dixo Pratchett.
Rhianna medrou mergullada no mundo literário de seu pai e o coñece dende dentro. Pratchett bromeou cando lle preguntaron cal foi a reacción da súa filla cando soubo que ela ía ser a continuadora da saga: “está incríbemente anoxada“.
E continuou: “O anoxo é marabilloso. Manten-te vivo. Eu estou anoxado cos banqueiros. Co governo. Son putos inútiles“.