Goldman escribe o guión de Pinocho

829

A co-guionista de Kick-Ass e X-Men: First Class Jane Goldman será a encargada de escribir o libreto da nova película con acción real Pinocchio para a Warner Bros. Pictures.

Os estudos queren que o director Tim Burton e mais o actor Robert Downey Jr. fiquen vencellados ao proxecto canto antes. En todo caso, este filme non debe confundir-se co outro proxecto sobre Pinocho que está a desenvolver Guillermo del Toro e que é unha versión en debuxos animados en 3D xunto á Jim Henson Company.

Jack Nicholson podería facer o papel de Gepetto, o pai de Pinocho, pero o mesmo cós outros dous, aínda non asinou ningún contrato.

O creador da série de televisión Pushing Daisies Bryan Fuller escribiu o guión orixinal, e agora Goldman chega para refacer e incorporar as notas de Downey.