Almodóvar planea unha de ciéncia-ficción

0
169

Após de que o ano pasado abandoase (ainda que non definitivamente) as súas clásicas comédia-dramas para rodar un thriller psicolóxico con La piel que habito, o realizador español Pedro Almodóvar semella decidido a apostar por outra viaxe a escenários poucos familiares para el: a ciéncia-ficción.

Almodóvar revelou o domingo nunha conferéncia en Londres que “aínda son abondo novo para facer un filme de ciéncia-ficción. Teño ideias para este xénero. O xeito no que gostaría face-lo é presentar algo imposíbel dun xeito real e doméstico. Un dos guións que teño sobre a mesa é dese xénero, así que espero face-lo“. O director manchego foi o encargado este ano de dar o discurso David Lean da Académia Británica para as Artes do Cinema e a Televisión (BAFTA).

Ademais engadiu que non sabe cando poderá face-lo, pero citou aos filmes clásicos de ciéncia-ficción dos anos 50 coma por exemplo Invasion of the Body Snatchers coma unha das súas fontes de inspiración.