O orfanato acolle a Fuhrman

0
187

Isabelle FuhrmanA debutante Isabelle Fuhrman interpretará o papel da filla dos persoaxes de Peter Sarsgaard e Vera Farmiga no filme de terror Orphan, que dirixirá Jaume Collet-Serra para a produtora de Joel Silver, a Dark Castle Entertainment. A Warner Brothers será a distribuidora.

David Johnson escribiu o guión desta história, baseada nun relato de Alex Mace. A Appian Way tamén está implicada na produción.

O argumento xira ao redor dun matrimónio, formado por Sarsgaard e Farmiga, que perde a un bebé e decide adoptar unha nena, a excéntrica Esther (Fuhrman). A nena, de 9 anos, semella moi inocente ao princípio, pero seica agocha un lado escuro. A rodaxe escomezará a semán que ven en Toronto (Canadá).